Libros sin papel
Por Xavier Alcalá:
Desde hai anos vénse a producir o fenómeno de aumentar aceleradamente o número de servidores da web en que se van colocando textos literarios que xa non demandan dereitos de autor. Vello é xa o entrar na web e ler en pantalla eses textos ou descargar os arquivos correspondentes para imprimilos en papel. De feito, se non se imprime máis é porque a suma de papel máis líquidos de impresión fan o produto caro (se cadra máis ca o libro comprado na librería).
Mais os avances da electrónica dos medios de presentación fóronnos colocando ante un novo fenómeno: o de lermos en dispositivos distintos da pantalla do ordenador ou da folla impresa. Cada día máis lixeiros e con maior definición nas súas pantallas, convértense en alternativa á comodidade de ler en negro sobre branco de papel con letra impresa limpamente.
Aínda máis, a técnica e a comercialización achégannos á posibilidade de accedermos a inmensas cantidades de textos en todos os idiomas, gratuitamente cando están liberados de dereitos ou por prezos módicos cando non o están.
O libro sen papel está na rúa, conectado sen fíos á rede de redes, e capacitado para almacenar moreas de textos que se len comodamente pasando páxina ao premer un botón. Polo momento estes libros «electrónicos» non son baratos, pero a curva de aprendizaxe vainos converter nunha vulgaridade coma a dos teléfonos móbiles.
Fica, por tanto, unha reflexión de fondo no eido editorial: por razón
0 comentarios